Dioivo e Praza, novos medios en galego

Dossieres

Este mes de febreiro comezou coa creación dun novo dixital en galego, Praza Pública, e rematou co nacemento doutro, Dioivo. E para marzo está previsto o lanzamento de Sermos Galiza, un novo diario web en galego, ao que acompañará un semanario en papel.

As iniciativas que se deron tras o ano negro do xornalismo en galego, 2011, comezan así dar froito, e o panorama mediático abre novos espazos para a lingua. Neste sentido, cómpre destacar tamén a campaña 'Vitaminas para o galego', que conseguiu importante apoio económico para distintos medios nesta lingua.

Neste dossier, repasamos algunhas das novas sobre o lanzamento e preparación destes novos medios de comunicación, que comezan a súa andaina cando se fan 200 anos do primeiro texto xornalístico en galego.

Documentación