Día Internacional da Muller Traballadora

Dossieres

Para celebrar este 8 de marzo o Día Internacional da Muller, Reporteiros sen Fronteiras publica o informe A prensa, un territorio de homes perigoso para as mulleres (dispoñible en inglés e francés) sobre os problemas aos que se enfrontan as xornalistas.

O informe reafirma varios principios importantes e contén entrevistas con mulleres xornalistas de todo o mundo, describindo os diferentes problemas que atopan, desde a discriminación diaria ás formas máis tráxicas de violencia.

O papel das mulleres nos medios de comunicación e a protección ás xornalistas son factores crave para reforzar a liberdade nos medios e a diversidade de opinións. Nalgúns países as mulleres son excluídas dos medios de comunicación, pero noutros se fixeron progresos significativos. En calquera caso, segue facendo falta garantir a verdadeira igualdade nunha profesión aínda dominada por homes. O lugar que ocupan as mulleres nos medios de comunicación segue sendo un reflexo do posto que ocupan na sociedade? afirma Jean-François Julliard, Secretario Xeral de RSF. "Con frecuencia asumen máis riscos que os homes e teñen que enfrontarse a moitos prexuízos. Algunhas partes do mundo requiren especial atención pola protección que necesitan as mulleres que traballan como xornalistas".

Nos últimos 20 anos, e cada vez máis, numerosas mulleres uníronse á profesión xornalística, aínda que aínda tenden a ocupar postos de traballo inferiores, mentres que os cargos executivos e de redacción continúan sendo, polo xeral, dominio exclusivo dos homes. Isto ten un efecto evidente sobre a visión do mundo reflectida nos medios de comunicación. Aínda estamos nun mundo moi masculino, do que as mulleres están excluídas, un mundo de homes feito polos homes.

En moitos países, as xornalistas e activistas de dereitos humanos son vítimas de violencia, intimidacións, encarceramentos e censuras, do mesmo xeito que os homes. Nalgúns casos, son ata brancos preferentes. A vulnerabilidade das xornalistas varía considerablemente dunha rexión xeográfica a outra.

É difícil non mencionar o asalto o mes pasado a Lara Logan da CBS News, en Exipto, mentres caía o réxime do presidente Hosni Mubarak. Reporteiros sen Fronteiras ofrécelle toda a súa solidariedade. Ata tratándose dun incidente excepcional, é sintomático dos riscos que corren as mulleres cando traballan como xornalistas.

RSF

Documentación