Dereito á Información e Xustiza
Guía para o tratamento dos procesos xudiciais, froito da reflexión e o consenso, como xerme dun necesario proceso de autorregulación ou corregulación que deben asumir os medios e que require colaboración e transparencia da Administración de Xustiza.
O Consejo Audiovisual de Andalucía asumiu en mayo de 2012 a responsabilidade de elaborar e publicar un documento con recomendacións xerais que contribúa a garantir a calidade da información sobre procesos xudiciais. Esta guía materializa o compromiso adquirido ao subscribir o protocolo de colaboración co Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía e o Colexio de Xornalistas, acordo polo que se crea unha canle de reflexión e diálogo entre as tres institucións para propiciar o exercicio libre e responsable do xornalismo nun contexto de transparencia e cooperación do poder xudicial.
Nace así a guía Dereito á Información e Xustiza: Guía para o tratamento dos procesos xudiciais, froito da reflexión e o consenso, como xerme dun necesario proceso de autorregulación ou corregulación que deben asumir os medios de comunicación para informar con honestidade, rigor, independencia e responsabilidade social, o que á súa vez require colaboración e transparencia da Administración de Xustiza.
A guía nace coa esperanza de sumar o esforzo e a colaboración doutras organizacións profesionais e das empresas do sector para que esta serie de recomendacións, normas e pautas de conduta non queden en papel mollado. É ademais un documento aberto que se irá enriquecendo coa experiencia, o desenvolvemento da deontología xornalística e a vontade de quen teñen a función de satisfacer o principio constitucional de información e de publicidade da xustiza.