Continúa a polémica sobre a Lei de Propiedade Intelectual

Dossieres

O vindeiro martes 17 de xuño finaliza a fase de enmendas no Congreso dos Deputados ao anteproxecto de reforma da Lei de Propiedade Intelectual (LPI). Por iso, nos últimos días realizáronse numerosos posicionamentos tanto desde os editores de medios como desde as organizacións de xornalistas.

Así, mentres que a Asociación de Editores de Diarios Españois (AEDE) centraba a súas reivindicacións na imposición da coñecida como "taxa Google", que imporía aos agregadores de noticias o pagamento aos editores; as asociacións e organizacións dos xornalistas denunciaban presións dos editores para eliminaren o recoñecemento dos dereitos de autor dos profesionais da comunicación, e reclamaban que se recoñeza aos autores o dereito á propiedade intelectual.

Neste dossier, recollemos os distintos pronunciamentos realizados arredor deste proceso de reforma da LPI, así como o texto do anteproxecto que se está a discutir actualmente no Congreso.

Documentación