Congreso Mundial de Xornalismo en Cadiz 'La Pepa 2012'

Dossieres

Entre martes 25 e o 28 de maio celebrouse en Cadíz o Congreso Mundial da Federación Internacional de Xornalistas (FIP) co lema Xornalismo, en contacto co futuro. A Federación de Sindicatos de Xornalistas achega a moción número 37, segundo a orde dos documentos de traballo, titulada A corregulación, un dereito elemental dos cidadáns que trascribimos a continuación.

"Considerando que a liberdade de prensa, a liberdade de expresión e a ausencia de censura previa son dereitos fundamentais da democracia, aínda que non garantan por si mesmos o dereito dos cidadáns a recibir unha información veraz, plural, completa e imparcial,

Estimando que os desafíos ao dereito á información e á independencia profesional proveñen, no seu maior parte, dos grupos mediáticos que incumpren as súas obrigacións como mediadores da información -para converterse en reitores da opinión pública- e que sitúan os intereses dos sistemas de poder político por encima dos dereitos cívicos,

Reiterando o feito de que os medios de comunicación non cumpren do todo a súa función social e que a autorregulación -en mans dos propietarios dos medios- mostrou a súa ineficacia á hora de preservar o dereito á información,

Convencidos de que temos que buscar novas fórmulas de futuro que garantan os dereitos á liberdade e o exercicio dos deberes que proclama o artigo 20 da Constitución Española, que outorga aos cidadáns o dereito a recibir información de calidade,

Declara que a falta de confianza do pobo español nos seus medios de comunicación converte a devandita regulación en algo imprescindible para restaurar o prestixio do xornalismo, tanto no que se refire á función dos xornalistas, dentro a sociedade, como ao seu valor para o coñecemento universal.

O Congreso Mundial cre que a implantación dos consellos de corregulación é indispensable e que estes deben ser independentes do poder político e contar coa participación dos profesionais dos medios e de representantes da sociedade civil.

A FIP estima que para evitar os prexuízos e xustificados receos que este tipo de regulacións adoitan xerar e para asegurarse da súa legalidade e eficacia, así como do respecto da cidadanía, debemos:

Admitir o fracaso de experiencias previas, sen intentar desculpar erros pasados das organizacións propias dos xornalistas;

Contar coas organizacións dos xornalistas e das empresas dos medios, pero desdeñando todo síndrome corporativa, para vernos a nós mesmos só como mediadores desa función social;

Outorgar plena participación a unha representación directa da cidadanía como propietaria última do dereito á información;

Contar cunha institución correguladora que estea apoiada por lei, con representación do Estado, e cuxos membros sexan designados polo seu carácter independente de toda continxencia política partidista;

En España, unicamente un organismo destas características pode reclamar apoio público para cumprir os seus fins. A principal garantía da súa independencia debería ser a integridade plural dos seus compoñentes. As súas decisións deberían ser tomadas tras consulta e participación plenas de todos os seus integrantes e dos implicados na información.

O Estado deberá outorgar un financiamento e un status legal que o garantan, por lei, como única vía que asegure a súa capacidade de funcionamento".

Documentación