Condenan á editora de A Nosa Terra a abonar os salarios e liquidacións
O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra vén de condenar a empresa editora do semanario A Nosa Terra, administración concursal e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) a abonar os salarios e as indemnizacións pendentes aos 24 ex traballadores/as da publicación nacionalista.
O incumprimento motivara a presentación dun incidente concursal en xaneiro para reclamar o pagamento das mensualidades de outubro de 2010 e as liquidacións de despedimento correspondentes.
Así mesmo, no escrito remitido no seu día ao xulgado polos asesores xurídicos da CIG -único sindicato que contaba con representación na empresa- os afectados/as reclamaban que se corrixise a certificación da débeda, xa que a administración concursal non diferenciaba a indemnización legal da convencional recoñecida no seu día perante a autoridade xudicial (que suma sete días máis por ano traballado aos 20 días, cun máximo de 12 mensualidades, que establece a lei). Esta anomalía impedía que os empregados/as puidesen cobrar unha parte da débeda reclamándolla ao Fogasa. Na sentenza, contra a que aínda cabe recurso, tamén se atende esta petición.
Promocións Culturais Galegas despediu a 24 dos seus 28 traballadores/as o pasado 30 de outubro e suspendeu a publicación do semanario en papel baseándose na mala situación económica da empresa. Os empregados/as da histórica cabeceira nacionalista xa iniciaran as mobilizacións con anterioridade para denunciar que a empresa editora xa lles deixara de pagar varias mensualidades.
CIG