Concluído o ciclo de relatorios sobre a Lei da CRTVG

Dossieres

A comparecencia de Alfonso Sánchez Izquierdo, director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, fechaba o pasado 24 de xaneiro os relatorios no Parlamento Galego sobre a reforma da Lei da CRTVG.

Pola cámara pasaron, dende que se constituíu formalmente o ciclo de comparecencias, en maio pasado, unha ampla serie de expertos, profesionais do medio e ex directivos que deron a súa visión sobre as características que debería ter a futura lei do ente.

Entre os participantes dos relatorios, o pasado 17 de xullo compareceu o decano do Colexio Profesional de Galicia, Xosé Manuel Pereiro, quen sinalou a necesidade e urxencia de desgubernamentalizar os medios públicos para garantir que estean ao servizo da pluralidade da sociedade galega, e cumpran o seu papel de servizo público esencial.

Coa fin das comparecencias, iniciase o período para que os grupos parlamentarios traballen na redacción do novo texto lexislativo, que renovará a normativa vixente desde hai máis de 25 anos. Para afondar nas visións dadas ao longo destes oito meses, recompilamos distintas achegas presentadas no ciclo de relatorios que agora se fecha.

CPXG

Documentación