Código deontolóxico do xornalismo galego
Os xornalistas teñen que dispor dos medios e instrumentos imprescindibles para poder desenvolver a súa actividade con plena independencia, liberdade, iniciativa e sentido da responsabilidade, tanto no que se refira ó ambito profesional coma ó estrictamente laboral. Neste punto, é fundamental a existencia dun código deontolóxico que regule o desenvolvemento da profesión.
Os profesionais da información deben desenvolver a súa función atendendo ao dobre compromiso da responsabilidade, derivada da súa importante tarefa e do mandado da súa propia conciencia, dacordo co ordenamento constitucional e cos principios deontolóxicos da profesión xornalística.
As entidades e organizacións profesionais representativas deberán velar pola boa imaxe da profesión xornalística, procurando evitar as prácticas abusivas e corruptas que contraveñan os principios elementais da ética do xornalismo, así como os intentos de limitar o dereito dos cidadáns á liberdade de expresión e de información.
Este dosier reflicte a preocupación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia por todos estes aspectos e recolle diferentes códigos éticos e autorreguladores de asociacións de xornalistas de todo o mundo. Complétase con novas arredor da ética dos medios, da liberdade de información, da cláusula de conciencia ou do segredo profesional.