Campaña pola liberdade de expresión en China ante os XXOO 2008

Dossieres

As autoridades chinesas néganse a pór en liberdade ó centenar de informadores e ciberdisidentes detidos e a mellorar a liberdade de expresión.

A organización Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) anunciou a posta en marcha dunha campaña internacional Pequín 2008 para denunciar o "cinismo" das autoridades chinesas, que se negan a pór en liberdade ó centenar de xornalistas e ciberdisidentes detidos, e a mellorar a liberdade de expresión.

RSF destaca que "o goberno, e o Partido Comunista Chinés conceden a maior importancia ó éxito dos Xogos Olímpicos para o seu propio beneficio, pero sen ningún respecto pola palabra dada". Nesta ocasión, RSF reeditará a súa campaña Pequín 2008, cun visual dos aneis olímpicos substituídos por esposas.

"Cando só faltan meses para o inicio dos Xogos Olímpicos de Pequín, o goberno chinés non respectou os seus compromisos", adquiridos cando se lle concedeu a organización dese evento en 2001, "de mellorar a situación dos dereitos humanos", destacou RSF nun comunicado.

En vésperas da Asemblea do Comité Olímpico Internacional (COI), que terá lugar en Guatemala do 4 ó 7 de xullo, a organización de defensa da liberdade da prensa dirixiu unha carta ó presidente dese organismo, Jacques Rogge.

"En todo o mundo aumenta a preocupación polo desenvolvemento dos Xogos de 2008, reféns do goberno chinés que se nega a actuar para garantir a liberdade de expresión e respectar os valores humanistas, contidos na Carta Olímpica", escribe RSF nesa misiva a Rogge.

RSF, que ten a súa sede en París, destacou que "o goberno, e o Partido Comunista Chinés conceden a maior importancia ó éxito dos Xogos Olímpicos para o seu propio beneficio, pero sen ningún respecto pola palabra dada".

Aínda non é tarde

Non obstante, a organización está convencida de que "aínda non é demasiado tarde para conseguir dos organizadores chineses, a maioría dos cales son tamén altos responsables políticos, a posta en liberdade dos presos de opinión, a reforma de leis represivas ou a fin da censura".

Por iso, RSF convidou a Rogge a realizar "acenos significativos" e que lles diga "claramente ás autoridades chinesas que non é aceptable o desprezo con que tratan á comunidade internacional".

"Xa non é momento para os comentarios tímidos, feitos a agachadas. chegou o momento de que o COI, a través da súa voz, fale claramente dos problemas. As súas peticións serán escoitadas e o movemento olímpico sairá engrandecido", segundo RSF, que espera de Rogge que actúe "polas liberdades en China", antes do comezo dos Xogos Olímpicos de 2008.

Nesta ocasión, RSF reedita a súa campaña 'Pequín 2008', cun visual dos aneis olímpicos substituídos por esposas. A organización vai difundir esta campaña en todo o mundo, sen parar, durante un ano.

ESTRELLA DIGITAL/EFE
MADRID

Documentación