As fusións convirten a televisión privada nun duopolio
Este mércores, Antena 3 e La Sexta comunicaban á Comisión Nacional do Mercado de Valores o seu acordo de integración entre os dous operadores.
En función do acordo adoptados, os accionistas de La Sexta recibirán pola cesión da totalidade do seu patrimonio un 7% do capital social do novo grupo Antena 3.
Esta fusión ven a sumarse a que, hai a penas un ano, realizaran tamén Telecinco e Cuatro, neste caso mediante a compra da última pola primeira. A posibilidade de fusión e absorción dos operadores, contemplada na nova Lei do Audiovisual, dá lugar así á existencia dun duopolio no sector televisivo español, formado por unha banda por por Telecinco e Cuatro e pola outra por Antena 3 e La Sexta.
Neste dossier, repasamos as distintas informacións que foron xurdindo desde que se escoitaran os primeiros rumores de fusións entre grupos.