Arxentina aproba urxentemente en primeira lectura a polémica lei de medios
O Congreso arxentino aprobou na súa primeira versión o polémico proxecto de lei de medios impulsado por vía de urxencia por Cristina Fernández de Kirchner e que pretende acoutar o poder dos grandes grupos. Agora deberá ser debatido no Senado.
O proxecto, que provocou o rexeitamento frontal de opositores e grandes medios do sector audiovisual, foi aprobado por 146 votos -do oficialismo e grupos minoritarios afíns-, tres votos negativos e tres abstencións.
As principais forzas de oposición acordaron abandonar o recinto antes da votación e tras un intenso debate de máis de 13 horas en protesta por supostas "irregularidades" no tratamento do proxecto.
En concreto, denunciaron a forma "apresurada e brutana" coa que o oficialismo logrou esta semana un dictámen para que o pleno da Cámara abordase o proxecto este mesmo mércores.
"Obviar os sete días (regulamentarios para estudar o proxecto) e, como nunha carreira contra o destino, en 24 horas, nunha sesión especial quérese aprobar esta lei", denunciou Óscar Augade, xefe do principal grupo parlamentario da oposición, a Unión Cívica Radical. Tras esta primeira lectura, o proxecto pasará tres semanas polo Senado.
A súa présa débese, segundo os opositores, á proximidade do mes de decembro, cando a Cámara se renovará de acordo aos resultados das lexislativas anticipadas de xuño, nas que saíron derrotados a presidenta e o seu marido, o ex mandatario Néstor Kirchner.
Obxectivos da nova lei
A Lei de Servizos de Comunicación Audiovisual foi presentada co obxectivo principal de desmonopolizar o mercado mediático e de actualizar a lexislación para adaptala ás novas tecnoloxías.
En cambio, a oposición opina que o obxectivo é ampliar o control do Estado nos medios de comunicación.
Os grupos opositores tamén afirman que coa nova lei, o único que pretende o goberno é destruír ao Grupo Clarín, o maior grupo multimedia de Arxentina enfrontado claramente cos Kirchner nos últimos tempos.
Moi soado foi cando o pasado xoves un grupo de douscentos inspectores de Facenda montaron un gran operativo para rexistrar as empresas do grupo, o que foi considerado por moitos como un ataque e unha intimidación á liberdade de expresión de Clarín.
Por outra banda, desde o goberno afirman que é urxente cambiar a actual lei de radiodifusión xa que leva vixente desde o último goberno militar.
Claves da nova lei
A nova lei de medios contén 160 artigos dos cales os máis polémicos e discutibles son:
- A proposta divide o espazo radiofónico en tres partes iguais: Estado, sector privado e organizacións sen ánimo de lucro. A oposición advirte que o terzo en mans do sector social podería sere entregado a grupos próximos ou afíns ao poder, o cal ampliaría o control do goberno sobre os medios de comunicación.
- A norma reduciría de 24 a 10 as cadeas de radio e televisión en poder dun só dono.
- A lei establece un límite do 30% para a participación do capital estranxeiro no accionario dunha empresa de comunicación.
- A nova lei tamén obriga a que o 60% das emisións de TV en aberto deban ser de produción nacional.
RTVE