Ano negro para o xornalismo en galego

Dossieres

O 5 de decembro o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) presentou o informes A situación laboral dos e das xornalistas galegos e o impacto da crise no sector. Nel queda constancia que actualmente 1 de cada 5 xornalistas galegos está en paro.

A crise económica que vimos sufrindo a nivel mundial nestes últimos anos está a afectar especialmente aos profesionais da comunicación. En Galicia, en concreto, foi un ano moi difícil no que atinxe aos medios en galego. Aos xa desaparecidos 'Vieiros', o semanario 'A Nosa Terra' ou 'A Peneira', uníronse as edicións en papel de 'Galicia Hoxe' e 'Xornal'.

O número de xornalistas no paro incrementouse neste ano ata chegar a unha tasa de case o 20%.

Na presentación do informe do CPXG, A situación laboral dos e das xornalistas galegos e o impacto da crise no sector, o decano, Xosé Manuel Pereiro, sinalou que "Nestes tempos en que se fala moito de crise empresarial e de soportes, cada vez hai máis risco de que o que está en perigo é o propio periodismo".
 

Documentación