A Xunta buscará expertos para a reforma da CRTVG
A Secretaría Xeral de Comunicación conformará un grupo de expertos para que realicen as súas achegas ao borrador de reforma da lei de creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) para elaborar un texto que poida ser presentado este ano, como se comprometeu o titular da Xunta, Emilio Pérez Touriño.
O grupo de expertos deberá facer chegar as súas propostas a un proxecto de lei que permita poñer ao día a radio e a televisión de Galicia a adecuar a súa configuración ás novas demandas.
Segundo este departamento, a Xunta pretende un cambio profundo nos estatutos na concepción da radio e televisión pública de Galicia. Así, a reforma en curso prevé abordar, entre outras cuestións, a nova configuración xurídica do ente público, así como dos seus órganos de dirección e os seus sistema de financiamento.
A NOSA TERRA/EUROPA PRESS