A SGAE demanda unha revista por ironizar sobre os seus métodos "piratas"

Dossieres

A Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) reclama á revista literaria 'Quimera' unha compensación de 9.000 euros por considerar que danou o seu dereito á honra. A sentenza deulle a razón.

Sen previo aviso nin petición de rectificación, a SGAE demandou ao medio por publicar, en maio pasado, un artigo de opinión, titulado 'A horda dos xestores' e asinado por Trebor Escargot, no que se fala de xeito metafórico e irónico sobre a piratería editorial e as asociacións que, supostamente, velan polos dereitos dos autores.

No seu artigo, o autor refírese, en concreto, a algúns "desaprensivos piratas" que se dedican a "chulear" a arte "e chuparlle o sangue en nome da xestión e a propiedade intelectual".

O gabinete xurídico da publicación, sorprendido coa reacción da entidade de xestión de dereitos de autor, ten previsto litigar ata o final en defensa do dereito dos seus colaboradores a emitir a súa opinión.

A revista, editada en Barcelona, non concibe as razóns que alega a SGAE para denunciala e esixir unha contraprestación de 9.000 euros.

Para o redactor xefe da publicación, Jaime Rodríguez, "realizouse unha interpretación literal e pobre do artigo". Segundo el, "accións como esta son perigosas porque supón un atentado á liberdade de expresión".

A súa demanda coincide co interese recadatorio desta sociedade, que mantén un pulso cos consumidores, o Goberno e as empresas tecnolóxicas ao esixir unha compensación económica por copia privada en soportes dixitais como os reprodutores de MP3, computadores portátiles e teléfonos móbiles.

A industria, con todo, considera que o canon proposto polas entidades de dereitos de autor duplicaría o prezo de produtos cotiáns, mentres que o colectivo de autores defende que o novo imposto é un "arma perfecta" para combater a copia ilegal de obras protexidas pola lei de propiedade intelectual.

No medio desta batalla, a SGAE decidiu levar aos tribunais a revístaa Quimera, baseándose nunha lectura literal dun artigo de opinión escrito por un colaborador. O seu autor, precisamente, fai mención ao canon, ao asegurar que estas asociacións "executan un poder parademocrático que adoita ter a forma de impostos e normalmente recibe o nome de canon".

EL MUNDO
MADRID

Documentación