A oferta de subtítulos para persoas xordas é insuficiente
A Confederación estatal de persoas xordas (CNSE) denuncia a pobreza na oferta de subtítulos das cadeas públicas e privadas, situación que afecta ao acceso das persoas aqueixadas de xordera á información televisada. So en Galicia, esta enfermidade afecta a case 12.000 persoas.
A pesar de que o pasado ano se aprobaron medidas lexislativas encamiñadas a mellorar á situación das persoas xordas, presentes en Galiza nun número cercano ás 12.000 persoas, o certo é que poucas cadeas acondicionaron á súa programación axeitadamente para facilitar á integración deste colectivo.
Amosa o illamento en que se atopan estas persoas o feito de que so tres cadeas públicas, Canal Sur, TVG e Estremadura TV, transmitiron o debate electoral en lingua de signos. Esto é dobremente grave tendo en conta que a Academia da Televisión transmitiu o sinal gratuitamente a tódalas cadeas autonómicas.
No outro lado da moeda atópanse as iniciativas que están tendo lugar de momento de xeito anecdótico, pero encamiñadas en todo caso a cambiar esta situación de desigualdade impropia da Sociedade da Información na que vivimos. Así, a CNSE felicitou recentemente a TVE polo seu programa 'En lingua de signos', presentado por unha persoa xorda que coñece á perfección esta lingua, por "difundir unha imaxe normalizada das persoas xordas e por contribuír á correcta difusión da lingua de signos española". Este programa supón un xeito de autocorrección de TVE trala denuncia da CNSE en decembro do 2007 pola
súa "inaccesibilidade".
Outra medida positiva é a achegada pola USC, que oferta un sistema para seguir cursos da lingua de signos a través de Internet, mediante o uso da cámara web e de vídeos dixitais que permiten a interacción imprescindible para impartir a lingua.