A FIP continúa a súa labor na defensa do xornalismo

Dossieres

A Federación Internacional de Xornalistas (FIP) a maior organización mundial de xornalistas, continúa a súa labor a prol da liberdade de prensa e denunciando a precariedade de moitos xornalistas. A situación en Gaza para cos xornalistas levou á FIP a intervir para apoiar ós medios de comunicación, que foran vetados neste conflito.

Fundada en 1926, recibiu un novo impulso en 1946 e adquiriu a súa forma actual en 1952. A FIP ven promovendo dende entón accións internacionais en defensa da liberdade de prensa e a xustiza social, co apoio firme, libre e independente dos sindicatos de xornalistas.

A FIP oponse a todo tipo de discriminacións e condena o uso dos medios de comunicación como propaganda ou para promover os conflitos e a intolerancia.

A FIP cre na liberdade de expresión política e cultural e defende a acción sindical e outros dereitos humanos elementais.

A FIP apoia ós xornalistas e ós seus sindicatos, cando loitan polos seus dereitos profesionais e sectoriais, e creou o Fondo de Seguridade Internacional que provee axuda humanitaria para os xornalistas que o necesitan.

Cando un beneficiario do Carné Internacional de Prensa da FIP viaxa pode contar coa rede da FIP para recibir axuda. Na maioría dos países, os xornalistas nacionais están dispostos a axudar aos que conten cun Carné Internacional de Prensa da FIP.

Os xornalistas que viaxan a zonas de conflito son testemuñas dos beneficios obtidos co Carné Internacional de Prensa da FIP. Axudou a moitos xornalistas a saír de situacións difíciles fronte a soldados, policías ou funcionarios.

A FIP traballa a prol de que non se vivan situacións como a ocorrida no conflito reaberto nos últimos días en Gaza. A presenza dos medios de comunicación no lugar dos feitos foi vetada dende un principio, con todas as consecuencias que iso implica.

Ademais, a actualidade está a facer que a FIP e organizacións semellantes teñan que defender aínda máis a integridade dos xornalistas, non só en puntos de conflito senón inclusive como mediadores coas propias empresas, dado o panorama laboral xerado coa crise.

Documentación