A Crise nos Medios en Galego (2013)
Detallado estudo sobre as causas da crise dos medios en galego que, con especial incidencia entre 2010 e 2011, levou a desaparición de varias das cabeceiras que existían nesta lingua, algunhas delas cunha traxectoria histórica.
O informe A crise nos Medios en Galego constitúe un detallado estudo sobre as causas da crise dos medios en galego que, con especial incidencia entre 2010 e 2011, levou a desaparición de varias das cabeceiras que existían nesta lingua, algunhas delas cunha traxectoria histórica. O relatorio tenta deitar luz sobre as orixes desta debilidade dos proxectos xornalísticos na nosa lingua, a través de dúas partes diferenciadas. A primeira, formada por un informe de Manuel M. Barreiro e Marcos Pérez Perna tenta fornecer, a través de entrevistas con actores implicados e da análise das circunstancias, unha explicación das causas sociais e xornalísticas da crise. A segunda é un rigoroso estudo levado a cabo polos economistas Xabier Doporto e David Peón que pretende analizar os determinantes do fracaso empresarial dos medios en galego.