5N en defensa do xornalismo

Dossieres

Por terceiro ano consecutivo a Federación Internacional de Xornalistas (FIP) convocou para o 5 de novembro á mobilización dos seus sindicatos afiliados en todo o mundo para que respondan ao lema 'En pé polo xornalismo' con actos de distinta natureza nos seus respectivos países.

Foron 600.000 informadores de 116 países os chamados a esta mobilización da FIP que como nos anos anteriores ten prevista distintas actuacións dos seus sindicatos adheridos en diversas cidades.

Esta celebración do 5 de novembro chega en momentos en que están en xogo miles de postos de traballadores da información en todo o mundo. Un mundo onde os grandes grupos mediáticos vulneran cada día o dereito da cidadanía á información e onde cada vez é máis difícil aos xornalistas perseverar na súa misión de dar información veraz, plural e de calidade.

Documentación