29-S Folga Xeral

Dossieres

O mércores 29 de Setembro está convocada en todo o Estado unha folga xeral en contra da actual reforma laboral, que se une a mobilizacións por toda Europa. No caso da prensa escrita e as axencias, o paro convócase para o 28 de setembro, co obxectivo de paralizar os xornais o propio 29.

Os sindicatos e as agrupacións de xornalistas veñen lembrando nos últimos meses que os e as profesionais da comunicación van ser especialmente afectados pola reforma laboral, dado que á situación de crise no xornalismo, con numeroses expedientes de regulación nos medios, vai sumarse unha maior facilidade para realizar despedimentos, o que pode levar a moitos e moitas xornalistas máis ao paro.

Por iso, sindicatos, comités de empresa e delegados sindicais de numerosos medios de comunicación teñen chamado nos últimos días a secundar a folga xeral. Entre as organizacións de xornalistas que realizaron comunicados sobre o paro, só a Asociación Profesional Libre e Independiente se desmarcou da convocatoria, deixando en todo caso liberdade aos seus filiados para secundar ou non a folga.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia recolle neste dossier os principais comunicados e posicionamentos de sindicatos e comités de empresa, de cara a que os colexiados e colexiadas poidan tomar a súa propia decisión sobre a folga xeral.

CPXG

Documentación