Vinte personalidades saen en apoio dunha RTVE independente
Os Consellos de Informativos de RTVE invitaron a vinte personalidades do mundo da cultura, a ciencia, a xudicatura, a comunicación ou a universidade a gravar un vídeo en defensa dunha televisión, unha radio e unha web públicas, independentes e plurais.
«Queremos involucrar a toda a sociedade na defensa dunha RTVE independente, plural, aberta a todas as sensibilidades e voces», explicaron nunha nota os Consellos de Informativos, na que recordaron que teñen como «misión fundamental» promover «a independencia editorial da Corporación». (Segue lendo...)
EFE