Verificadores de todo o mundo reclaman a YouTube medidas contra a desinformación

Unha carta aberta asinada por máis de 80 organizacións de verificación de datos solicita a YouTube medidas contra a proliferación de noticias falsas nesta plataforma, "unha das principais canles de desinformación do mundo". Os fact-checkers propoñen unha actuación menos centrada na eliminación de contidos e mais na produción de desmentidos, a actuación contra os desinformadores reincidentes e unha maior transparencia. 

Máis de 80 organizacións de verificación de datos de até 40 países (entre elas as españolas Maldita, Newtral e Verificat) veñen de publicar unha carta conxunta dirixida a Susan Wojcicki, directora executiva de YouTube, para reclamar medidas contra a proliferación de información falsa nesta plataforma de vídeo online. Os fact-checkers de todo o mundo califican na misiva a YouTube "unha das principais canles de desinformación do mundo". 

O documento recolle algúns dos principais exemplos de informacións falsas recollidas en YouTube, como os contidos negacionistas sobre a covid-19, os falsos remedios para o cancro, os discursos de odio en Brasil ou os vídeos apoiando as acusacións de fraude nas últimas eleccións nos Estados Unidos. "Moitos deses vídeos e canles", asegura a carta, "seguen activos a día de hoxe e todos se coaron a través dos controis de YouTube, especialmente nos países de fala non inglesa e do Sur global". Ante esta preocupante situación, os verificadores "un esforzo real por parte de YouTube á hora de aplicar políticas que aborden o problema" e denuncian que "a compañía limitou o debate sobre a desinformación a unha falsa dicotomía entre borrar ou no borrar contidos".

Como solucións, as organizacións de fact-checking propoñen á plataforma unha serie de medidas, que pasen por unha maior transparencia sobre a desinformación que circula por YouTube e as medidas para freala; unha actuación que vaia alén de eliminar contidos e se centre en achegar contextualización e desmentidos superpostos nos vídeos ou como contido adicional, a través da colaboración con iniciativas independentes de verificación; a actuación contra os desinformadores reincidentes; e un maior esforzo contra la información errónea en linguas distintas do inglés. Para iso, ofrécense para colaborar YouTube e fornecer toda a axuda necesaria.

CPXG