RTVE intenta evitar a obrigación de publicar o custo das súas canles

Radio Televisión Española (RTVE) interpuxo un recurso contencioso-administrativo contra unha resolución do Consello de Transparencia e Bo Goberno, na que este organismo requiría a RTVE a fornecer información sobre o custo das canles de televisión da Corporación.

O recurso de RTVE presentado pola Avogacía do Estado solicita a suspensión cautelar da resolución do Consello durante a tramitación do procedemento, dado que se se chegase a estimar o recurso a información estaría xa entregada e porque RTVE tería que realizar "custosas tarefas previas" que non se poderían revertir. (Segue lendo...)

EP
MADRID