Os anunciantes recorren a adxudicación de licenzas da TDT por favorecer o duopolio
O Tribunal Supremo vén de admitir a trámite a denuncia da Asociación Española de Anunciantes contra a nova repartición de licenzas da Televisión Dixital Terrestre. A asociación denunciante considera que a adxudicación das novas canles fortalece a situación dominante de Mediaset e Atresmedia, que acaparan case o 90% da publicidade no medio.
A Asociación Española de Anunciantes (AEA) recorreu ante o Tribunal Supremo a adxudicación de seis canles da Televisión Dixital Terrestre (TDT) aprobada polo Consello de Ministros o pasado 16 de outubro. Os anunciantes consideran que a repartición de canles fortalece o duopolio de Mediaset e Atresmedia, que xa antes das novas licenzas sumaban con 11 canles máis do 50% da audiencia e case o 90% da publicidade, e que no devandito concurso recibiron a mairores unha licenza en alta definición cada unha. O Supremo admitiu a trámite a denuncia e investigará a repartición de licenzas.
A da AEA non é a única crítica á adxudicación das novas canles da TDT. O grupo Prisa, que non conseguiu ningunha licenza, xa denunciou ante a Comisión Nacional do Mercado da Competencia a repartición, e solicitou a suspensión cautelar. O conselleiro delegado de Vocento, Luis Enríquez, declarou que o grupo, que tampoco acadou ningunha concesión, estudaba recorrer tamén a adxudicación, aínda que finalmente non o fixo.
Esta mesma semana, a adxudicación da TDT tamén chegaba aos tribunais por outra cuestión. A Audiencia Nacional estuda se o Ministerio de Industria concedeu un trato de favor a Abertis ao concederlle á multinacional española, dominante no mercado, o servizo de emisión en pruebas no espaxo onde se ubicarán a partir de abril as novas canles en alta definición.
As seis novas licenzas concedidas polo goberno teñen que comezar as súas emisións antes de abril deste ano. A canle de Atresmedia, Atreseries, xa comezou a emitir o pasado 22 de decembro cunha programación baseada na ficción. Da de Mediaset aínda se descoñecen cales van ser os contidos.
CPXG