O Consello de Informativos pide a destitución do presidente da CRTVE
O Consello de Informativos da Televisión Española solicitou nun comunicado que os novos deputados "procedan á destitución do actual presidente da Corporación RTVE" pola "insostible" situación dos Servizos informativos. O organismo realizou esta petición tras unha reunión co persoal da canle que se tivo que celebrar no comedor ao impedir a dirección da pública que se realizara na redacción.
O Consello de Informativos da televisión pública fixo público onte un comunicado no que cualifican de "insostenible" a situación dos servizos informativos da Televisión Española (TVE) e reclaman a súa "rexeneración ética e profesional". Por todo iso, aseguran, reclaman aos representantes políticos electos recentemente que procedan "á destitución do actual presidente da Corporación RTVE" e á elección por consenso dun nuevo responsábel "cun perfil profesional e independente.
O organismo da canle pública publicou este cominicado tras convocar á redacción para escoitar as súas propostas e suxestións "sobre a estratexia desenvolvida en defensa da independencia, profesionalidade e pluralidade". A convocatoria non pareceu gustar á dirección da canle pública, que non quixo que tivera lugar na propia redacción, aducindo que pode interferir co traballo habitual. Por iso, propuxo que se realizara no vestíbulo do edificio B de Torrespaña, algo que rexeitou o consello. A xuntanza tivo lugar finalmente no comedor.
O Consello lembra tamén que en outubro de 2015 conseguiu que todos os partidos maioritarios agás o Partido Popular e Unió Democrática de Catalunya, se comprometeran nun documento "coa independencia da RTVE e a pluralidade informativa" e a recuperar a elección por maioría cualificada de 2/3 do Congreso, e convida aos partidos non asinantes a sumárense ao acordo. Este acordo xa comezou a dar frutos, e tanto PSOE como Ciudadanos propuxeron nas últimas semanas revisar o modelo da canle pública. Os socialistas rexistraron ademais a semana pasada unha Proposición de Lei neste sentido.
O Consello de Informativos ten realizadas numerosas protestas polo tratamento da información nos telexornais da TVE. Nalgúns dos seus últimos comunicados denunciaron manipulación na información electoral, rexeitaron o cambio de horario de La 2 Noticias ou esixiron unha "rexeneración profesional" dos informativos.
CPXG