O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar pola morte de Diego Martínez Purriños

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento de Diego Martínez Purriños e trasladar o cariño de toda a profesión á familia e amigos deste xornalista e colexiado.

Diego Martínez Purriños iniciou a súa carreira con 17 anos en La Voz de Galicia. No ano 2002 foi director de comunicación da Autoridade Portuaria da Coruña. No 2005 foi nomeado conselleiro delegado do El Mundo-La Crónica de León. Regresou a Galicia para incorporarse a Radio Líder, labor que compaxinaba escribindo para Galicia Confidencial. Finalizou a súa carreira xornalística en esRadio Galicia e no portal de Libertad Digital, onde escribía na sección de Galicia.

A Xunta de Goberno do CPXG, en nome do conxunto de profesión, quere expresar o seu fondo pesar pola morte deste profesional. O funeral terá lugar hoxe martes ás 17:00 horas na igrexa de Santiago en Betanzos, seguido do enterramento no cemiterio municipal..

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia