O Colexio de Xornalistas de Galicia e a Obra Social “la Caixa” levan a comunicación a uns 2.800 escolares galegos

Obradoiro de Xornalismo na Escola "la Caixa" celebrado o 25 de abril de 2019 no CPI Pecalama de Tordoia

A cuarta edición do programa Xornalismo na Escola "la Caixa" rematou hoxe logo de visitar 45 centros escolares en 35 concellos de todas as provincias galegas, impartindo un total de 93 obradoiros desde o mes de febreiro.

Coa realización do último dos obradoiros no IES As Bizocas do Grove, esta mañá púxose fin á cuarta edición de Xornalismo na Escola "la Caixa", a iniciativa posta en marcha polo  Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa' para achegar á comunicació ao alumnado galego. Xornalismo na Escola "la Caixa" ten, entre outros obxectivos, inculcar o espírito crítico ante a información da xente máis nova; explicarlles aos rapaces e rapazas o que é a mediación xornalística e por que é necesaria, e facerlles patente a diferenza entre o que é información xornalística e o que non é información xornalística.

Susana Bastón Carballo, Pablo Díaz Bouza, Davide Fernández García, David Fontán Bestilleiro, Alfonso González Redondo e Edgar Melchor Fernández foron os e as xornalistas que desde o mes de febreiro se encargaron de impartir os 93 talleres ao longo dos meses de febreiro, marzo, abril e maio en trinta e cinco puntos de toda a comunidade galega. Lugares como Bande, Cerceda, Lugo, Redondela, A Rúa, Trazo, Verín ou Zas foron algunhas das localidades ata onde chegaron os talleres. En total, uns 2.800 alumnos e alumnas se achegaron ao longo destes meses ao mundo do xornalismo. 

Os xornalistas participantes, cunha ampla traxectoria profesional, destacan a necesidade desta formación á raíz da realidade que reflicten as aulas. "Na meirande parte dos casos, o alumnado non valora a importancia de estar ben informado, confunden Medios de Comunicación con Redes Sociais, e descoñecen a función dos xornalistas como garantes do dereito a información", afirma Alfonso González Redondo. Desde a reflexión e os casos prácticos, Xornalismo na Escola "la Caixa" combate esa desinformación cuns obradoiros que, segundo Edgar Melchor, "os rapaces agradecen moito porque lles estamos a abrir a mente dándolles as claves do que hai detrás dos medios e as ferramentas para combatir os enganos". Ao profesorado, asegura Davide Fernández. parécelle tamén "unha iniciativa moi necesaria e aprecia que profesionais da comunicación acudan aos centros para falar de pluralidade informativa, o panorama actual dos grandes grupos de comunicación, a manipulación informativa e do papel do xornalismo como afianzador da democracia”.

Xornalismo na Escola “la Caixa”

Os centros escolares participantes nesta cuarta edición de Xornalismo na Escola foron os seguintes: CPI Alfonso VII de Caldas de Reis, CPI Antonio Failde de Coles, CPI Camiño de Santiago do Pino, CPI Castro Baxoi de Miño, CPI de Cruz de Sar de Bergondo, CPI Pecalama de Tordoia, CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe, CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda,  CPI Santa Lucía de Moraña, CPI Viaño Pequeno de Trazo, IES As Lagoas de Ourense, IES A Xunqueira II de Pontevedra, IES Agra de Raíces de Cee, IES Alfredo Brañas de Carballo, IES Aquis Querquernis de Bande, IES As Bizocas do Grove, IES As Mariñas de Betanzos, IES Blanco Amor de Ourense, IES Castro de Baronceli de Verin IES Chano Piñeiro, de Forcarei, IES Cidade de Antioquía de Xinzo de Limia, IES Cosme López da Rúa, IES da Pobra do Caramiñal, IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, IES Elviña da Coruña, IES Francisco Aguiar de Betanzos, IES Illa de San Simón de Redondela, IES Isaac Díaz Pardo de Sada, IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, IES Lucus Augusti de Lugo, IES Macía O Namorado de Padrón, IES Manuel García Barros da Estrada, IES Maximino Romero de Lema de Zas, IES Miraflores de Oleiros, IES Nº 1 de Ordes, IES Otero Pedrayo de Ourense, IES Plurilingüe de Ames, IES Plurilingüe Fontexería de Muros, IES de Pontecaldelas, IES Rafael Dieste da Coruña, IES Ramón Otero Pedrayo da Coruña, IES de Sanxenxo, IES de Sar de Santiago IES Terra do Xallas de Santa Comba e IES Xelmirez de Santiago de Compostela.

Este proxecto, que se puido seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As catro edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveran con grande éxito dende 2016 máis de 360 talleres de comunicación, polo que esta iniciativa xa levou a comunicación a máis de 10.000 escolares de toda Galicia.

A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.

CPXG