Infórmate na intranet sobre os descontos e servizos especiais para colexiadas e colexiados

Consulta na intranet da web do Colexio Profesional de Xornalistas todos os descontos e promocións dos que podes desfrutar como colexiado ou colexiada.

Dentro do seu labor para ofrecer distintos servizos aos profesionais da información, o Colexio Profesional de Xornalistas ten asinado numerosos convenios con diferentes empresas que ofrecen aos membros do Colexio vantaxes especiais á hora de contratar os seus servizos. Así, ofrécense condicións especiais en aloxamentos, aluguer e compra de vehículos, museos, salóns de beleza, clínicas de saúde, seguros e transportes. 

Podes acceder ao catálogo de descontos e servizos especiais para colexiadas e colexiados a través deste enlace. Para poder ver os códigos de descontos e outras características de cada convenio, cómpre entrar na páxina co teu usuario e contrasinal. Se aínda non dispós das claves para acceder, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG