GCiencia renóvase polo seu segundo aniversario

No mes de novembro, cando Galicia celebra a súa Semana da Ciencia, GCiencia alcanza o seu segundo aniversario. Este mércores, día 25, cúmprense dous anos desde que un equipo de profesionais dirixido por Eduardo Rolland e Pablo López puxese en marcha o primeiro portal da ciencia galega.

Aquela aventura aparece hoxe consolidada no panorama mediático dixital galego, e afronta o seu terceiro ano de existencia coas mellores expectativas.

Con ocasión deste segundo aniversario, desde este luns GCiencia actualiza a súa imaxe, crea novos contidos e súmase ao dominio .gal. Un deseño máis atractivo, claro e actual, no que priman os elementos visuais, é a principal característica do novo aspecto da web, que potencia a versatilidade e consolídase como site responsive ao poñer o foco nos dispositivos móbiles, que supoñen xa o 55% do seu tráfico. Ao mesmo tempo, gciencia.com deixa de ser o seu dominio exclusivo para incorporar o .gal, en consonancia coa esencia dun medio de comunicación que aposta de forma totalmente decidida polo idioma galego nos seus contidos. (Segue lendo...)

GCIENCIA