Consulta as vantaxes que ten ser colexiada ou colexiado do CPXG

Como colexiado ou colexiada do CPXG, contas con numerosos servizos e vantaxes ao teu dispor, como gozar de cobertura legal, solicitar o Carné Internacional de Prensa da FIP, acceder a cursos de formación ou ter descontos e promocións en numerosos produtos e servizos. Consulta aquí as últimas novidades.

No seu labor para ofrecer distintos servizos aos profesionais da información, o Colexio Profesional de Xornalistas ofrece numerosas vantaxes, como o apoio legal, a posibilidade de solicitar o carné de prensa internacional ou o acceso a cursos de formación. Tamén ten asinado, directamente ou a través da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, numerosos convenios que ofrecen aos seus membros do Colexio vantaxes especiais á hora de contratar produtos e servizos. 

Así, vén de renovarse o convenio con Isla Mágica en Sevilla, polo que as colexiadas e colexiados teñen acceso gratuíto a este parque de entretemento e os seus familiares un 30% de desconto nos billetes. Este súmase a outros acordos asinados ou renovados ultimamente, como os realizados con Yelmo Cines, Kiosko y Más ou Freelance Press Saving Journalism. En total, o Colexio ten varias ducias de convenios activos que ofrecen condicións especiais en aloxamentos, aluguer e compra de vehículos, lecer, subscricións a medios de comunicación, museos, clínicas de saúde, seguros ou transportes. 

Podes acceder ao catálogo completo de descontos e servizos especiais para colexiadas e colexiados a través deste enlace. Para poder ver os códigos de descontos e outras características de cada convenio, cómpre entrar na páxina co teu usuario e contrasinal. Se aínda non dispós das claves para acceder, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG