Almorzo On/Off con Alfredo Okenve, defensor dos dereitos humanos en Guinea Ecuatorial, o mércores 18 en Santiago de Compostela
Alfredo Okenve, defensor dos dereitos humanos e cofundador do Centro de Estudios e Iniciativas para el Desarrollo (CEID) en Guinea Ecuatorial, participará o vindeiro mércores 18 de decembro nunha edición especial dos Almorzos On/Off en Santiago. O encontro terá lugar a partir das 12:15 horas na Sala de Xuntas da sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (Rúa Ponferrada, 9, baixo).
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e Amnistía Internacional organizan este acto que dará comezo ás 12:15 horas. Por motivos de organización, para poder asistir é imprescindible inscribirse enviando un mail a xornalistas@xornalistas.gal ou chamando ó 981 93 56 70. Aforo limitado.
Alfredo Okenve
Os 'Almorzos On/Off' lévanse realizando dende febreiro de 2005, organizados polo CPXG en varias das súas demarcacións. Estes encontros cos xornalistas pretenden fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.
Demarcación de Santiago
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia