A Fundación Barrié organiza un obradoiro de comunicación con 57 entidades sociais

Máis de 80 profesionais de até 57 entidades distintas participan nun obradoiro, de carácter eminente práctico, organizado pola Fundación Barrié para proporcionar ás entidades sociais consellos e ferramentas que lles permitan mellorar a comunicación das súas accións. Esta actividade vai ter lugar na sede da Fundación Barrié en Vigo (Policarpo Sanz  31).    

O obradoiro conta coa presenza de especialistas en comunicación do terceiro sector como Suzana Mihalic, directora de Comunicación e Imaxe Corporativa da Fundación Barrié; María Tomé, directora de Comunicación de FEDER – Federación Española de Enfermedades Raras ou Virginia Castrejana, coordinadora de proxectos de SocialCo. e especialista en comunicación en temas sociales. 

Esta actividade está encadrada no programa da Fundación Barrié Que facer para comunicar mellor desde o terceiro sector social, no que colabora o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Dentro deste programa, enfocado a crear un espazo de traballo común entre xornalistas e entidades sociais, vai realizarse a partir de outubro un obradoiro-networking entre representantes de entidades do terceiro sector Social e medios de comunicación, así como una conferencia sobre o papel dos medios de comunicación na sociedade actual.

Máis información na web da Fundación Barrié.

CPXG