A CNMC dá a razón a Mediaset no conflito polos resumos dos partidos
Competencia resolveu o conflito que enfrentaba a Mediaset coa Liga polos resumos dos partidos de fútbol. O organismo fallou a favor do grupo de Fuencarral, que podera volver acceder de maneira libre aos estadios. Ademais, considera que os noventa segundos permitidos para os resumos deben ser por partido e non por xornada.
A Comisión Nacional do Mercado da Competencia (CNMC) deu a razón a Mediaset no conflito polos resumos dos partidos de fútbol e ordena que se permita ás cámaras do grupo acceder aos estadios. O organismo considera, como xa adiantara o xornalista deportivo J.J. Santos, que limitar o acceso aos estadios vulnera a liberdade de información, e considera que os 90 segundos de resumo deben ser por partido e non por xornada.
Mediaset interpuxera unha demanda ante a CNMC en setembro do ano pasado, logo de que a Liga impedira o acceso dos cámaras de Cuatro e Telecinco aos estadios de fútbol. O grupo de Fuencarral foi o único en negarse a asinar o acordo coa Liga para a emisión gratuíta de 90 segundos por xornada, por considerar que vulneraba a liberdade de información. A CNMC, porén, xa permitira o acceso das cámaras, de maneira cautelar, tras a interposición da demanda.
O conflito de fondo é a novo reparto dos dereitos de imaxe do fútbol para a televisión, instaurado tras aprobar o Congreso a venta centralizada destes o ano pasado. A finais do 2015 a Liga adxudicaba tamén algúns dos lotes de dereitos correspondentes ás tempadas 2016-2017, 2017-2018 e 2018-2019, que foron vendidos de maneira conxunta.
CPXG