A Asemblea Xeral do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía designa a Eva Navarrete como nova decana

A Asemblea Xeral Ordinaria do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía, reunida o 21 de novembro en Sevilla na sé da RTVA na Isla de la Cartuja, aprobou a designación da colexiada e actual tesoureira da Xunta de Goberno do CPPA, Eva Navarrete, como nova decana en sustitución de Antonio Manfredi.

A asemblea xeral agradeceu o labor de Antonio Manfredi e o seu equipo á fronte do CPPA desde o mes de maio de 2013, e saudou a chegada da nova decana, que se comprometeu a "facer todo o posible para que creza e se consolide este órgano que representa e defende os intereses de todos os xornalistas de Andalucía". (Segue lendo...)

CPPA