Premio 'Adiante-Forward' para xornalistas menores de 30 anos
Do ao
O galardón, patrocinado por unha familia de emigrantes de Celanova residentes en Florida (EEUU), foi presentado este xoves 3 de setembro na Faculdade de Ciencias da Comunicación nunha roda de prensa na que participaron José Luís Ferro Iglesias, Presidente da Fundación Curros Enríquez e Alcalde de Celanova; Xosé Ramón Pousa, Decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC; Xosé Manuel Pereiro, Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia; Luís Menéndez, Presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela; Delfín Cid e Frank Cid, patrocinadores do premio; e Antonio Piñeiro, Secretario da Fundación Curros Enríquez.
O premio 'Adiante-Forward' consiste na concesión dunha bolsa de 3.000 euros destinada a completar formación mediante cursos específicos, realización de practicas en medios de referencia ou desenvolvemento dalgún proxecto editorial. Cada participante pode enviar por correo electrónico a adiante@currosenriquez.es unha única reportaxe, en formato de prensa escrita, fotografía, radio ou audiovisual, antes do 31 de decembro de 2015. O tema desta edición é o 'O despoboamento de Galicia e as súas consecuencias económicas: Cómo reverter a tendencia para non termos que volver emigrar'. Os traballos poderán teren sido editados ou seren inéditos, e o idioma base do traballo será preferentemente o galego, aínda que dependendo da temática abordada tamén poderá ser o castelán.
CPXG